Senticolor na revista Aula de Innovación Educativa

Na revista Aula de Innovación educativa (editorial Graó), do mes de xullo-agosto, aparece o artigo Senticolor. Coloreando sentimientos.

Nel, explicamos en que consistiu o noso proxecto e como o desenvolvimos ao longo do curso 2013-2014.


Diario reflexivo sesión 12

Chegou o momento de botar unha ollada a estes seis meses pasados, de reflexionar, de aprender do realizado, de compartir pensamentos… é a última xuntanza do grupo de traballo Senticolor.

Levamos traballado duro, e hoxe toca reunirnos con Ana, a asesora do Cefore, para analizar un pouco o noso traballo: obxectivos acadados, reflexión sobre a práctica docente, sobre o papel do alumnado, o papel das tablets na educación, o papel de varios mestres dentro dunha mesma aula, reticencias, vantaxes, logros, uso do blog na casa e coa familia, estatísticas e uso das diferentes Apps… podería seguir citando temas e non pararía. Foi unha sesión moi productiva e amena, na que tanto falamos, que nos quedamos sen tempo a traballlar sobre o marcado, polo que unha vez máis… levamos deberes para casa, cousa rara… para que vexades que non soamente os nenos os levan, jeje.

Logo da xuntanza con Ana, seguimos co plan planificado: correccións da unidade didáctica, revisión do produto final (vídeos, fotos, carteis, enquisa, gráficas…) e a elaboración da memoria final. Como dixen antes, tanto liamos a falar, que tocou carrexar co traballo para casa.


A valoración global destes seis meses foi excelente, pero se cabe, o máis destacable e ao que máis ganas lle tiñamos era o traballo na aula, a parte práctica que levamos a cabo o pasado día 25 de abril, ese día non sei quen sería máis neno… se os que estaban nas cadeiras ou nós… quizá lles podiamos preguntar a eles que describiran os sentimentos que expresaban as nosas caras, non vos parece? Deixoo no aire…


Protocolo de uso de dispositivos móbiles a nivel de aula/centro

PROTOCOLO DE USO DAS TABLETS NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS


1. As tablets do CEIP Nosa Señora dos Remedios estarán gardadas no armario que hai para as mesmas na Dirección do colexio.

2. Haberá unha grella semanal na Sala de Mestres/as do Edificio de E. Primaria na que se anotarán as peticións de uso das tablets durante cada semana.

3. Cando se collan para ser usadas, rexistrarase o número de cada tablet que se colle e quen se fai responsable das mesmas. Haberá un impreso no armario das tablets para que sexa cuberto polo mestre/a correspondente.

4. Coidarase do seu bo coidado e bo uso por parte de mestres/as e alumnos/as, para evitar o seu deterioro.

5. Non poderán sacarse do colexio a non ser que haxa autorización para facelo, facéndose cargo desas tablets os mestres/as que as saquen do colexio.

6. Unha vez que se remate co seu uso durante cada día tornaranse ao armario para que queden custodiadas e se poidan cargar para novos usos.

7. Calquera deterioro ou avaría que se produza durante o seu uso comunicarase de inmediato á Dirección do colexio.

8. As apps que se instalen nas tablets serán rexistradas no impreso correspondente para que poidan ser coñecidas polos usuarios/as das tablets. En todo caso, respectarase sempre a lexislación vixente no que se refire a dereitos de autor/a.

9. Non se poderán modificar as IPs de cada tablet. Calquera modificación na configuración deberá contar con permiso expreso por parte do Equipo Directivo.

10. No caso de que xurdan conflitos de IPs con outros equipos no colexio, comunicarase á Dirección para que adopte as medidas oportunas para solucionar estes problemas. En ningún se poderá modificar a IP sen autorización expresa.

11. Os contidos gardados nas tablets poderán ser borrados, polo que se deberán ter adoptadas medidas como copias de seguridade para non quedar sen información importante para os usuarios/as das tablets.

12. Terán prioridade para utilizar as tablets experiencias de innovación que se leven adiante por parte de mestres/as do colexio. Estas experiencias comunicaranse ao Equipo directivo e os seus resultados facilitaranse ao Claustro para que todo o colexio se poida beneficiar das mesmas.

Diario reflexivo sesión 11



Xa estamos no tramo final do noso traballo. Cómpre xuntar todo o material obtido e facer unha posta en común para tomar decisións. Foi unha experiencia gratificante para nós ver como os
 nenos traballaron ilusionados, contentos e moi implicados  nas diferentes actividades propostas. 
Tivemos claro que tanto eles coma nós necesitamos expresarnos e contar o que sentimos de 
diferentes xeitos. A vida está chea de cores e de sentimentos asociados a esas cores.                                 O material recollido tanto en audio, como en vídeo, como o das diferentes Apps cas que  
 traballamos é xenial (polo menos, para nós) ; con el decidimos facer a mellor montaxe posible
 que reflectira todo o proceso feito neste tempo.

Trailer Senticolor

Diario reflexivo sesión 10: Senticolor





Senticolor


A App que empregamos é


Senticolor Avaliación inicial


Para escoitar a canción dos sentimentos, pinchar na imaxe:


A App empregada é 




Senticolor Reto 1: Safari de emocións






Avaliación reto 1

A App que empregamos é



Senticolor Reto 2: Emoción agochada




Emoción agochada

Avaliación reto 2


As imaxes deste reto están sacadas de LABS (labs.tineye.com/multicolr#results) con Licencia Creative Commons.

Grupo 1: Daniel Carvalho (http://mickeyfeio.files.wordpress.com/2007/11/mikeyfeio_danielcarvalho.jpg)
Grupo 2: Jim Orisini (https://www.flickr.com/photos/82071369@N00/36973493)
Grupo 3: Miss Maisy (https://www.flickr.com/photos/34323101@N00/352435502)
Grupo 4: Gideos Tsang (https://www.flickr.com/photos/44543253@N00/2307966057)
Grupo 5: Hans Splint (https://www.flickr.com/photos/archeon/293977769/sizes/z/in/photostream/)
Grupo 6: Perivolaris (https://www.flickr.com/photos/dr_john2005/328114351/in/faves-library-online/)


A App que empregamos é



Senticolor Reto 3: Senticomic





Avaliación reto 3

A App que empregamos é



Senticolor Reto 4: Árbore dos sentimentos





Avaliación reto 4



Senticolor Reto 5: A caixa das emocións





Avaliación reto 5

Senticolor Avaliación final





A App empregada é:


SENTIARTE




Senticolor: O mago

Para poñer en práctica Senticolor a nivel de aula imos seguir dúas fases:

1. Ilustración do conto por parte do alumnado.

2. Posta en práctica da unidade didáctica creada arredor de Senticolor.

A metodoloxía que empregamos é a do traballo colaborativo, usando para organizarnos o proxecto "O mago":


De tal xeito que temos 7 equipos, 4 integrantes por equipo, con diferentes funcións e un resultado.

Todos aprendemos de todos e todos temos unha función dentro do grupo, dependendo o resultado final de que todos os membros cumpran a súa tarefa.

Para cada actividade, o grupo organízase de forma diferente:
  • Un a un: cada membro ten unha función.
  • En parella: realizan a tarefa de dous en dous. Cada un ten unha función.
  • En grupo: todos os membros participan da mesma decisión.
  • Tablet xiratoria: a tablet vai xirando e cada membro realiza a súa tarefa.

Animoto

Unha App ideal ara crear vídeos con fotos e clips de vídeo é Animoto.

Esta aplicación permítenos seleccionar estilo, banda sonora, engadir texto... coa finalidade de crear fermosas películas cunha calidade profesional.



Para descargar a Animoto, pinchar na imaxe




Comic Maker

Con Comic Maker podemos crear divertidos cómics aplicándolles filtros, engadíndolles bocadillos, efectos...


Skitch

Skitch é unha App que nos vai permitir escribir, ou ben nun encerado en branco, ou ben sobre fotografía.

Podemos empregrala para etiquetar imaxes, rodear texto que queiramos resaltar, realizar mapas conceptuais...



wordcam

Con WordCam podemos crear nubes de palabras a partir de fotografías, polo que podemos relacionar tanto a imaxe coma as palabras cun tema determinado.




QR Droid

QR Droid é unha aplicación para escanear códigos QR, polo que nos permite interactuar cos textos, imaxes e vídeos de calquera produto que teña un código QR no seu envase.

Así mesmo, QR Droid vainos permitir crear os nosos propios códigos, polo que o alumnado poderá enlazar as súas tarefas, presentacións, fotos, audicións...





My story builder

Con My Story Builder podemos crear os nosos propios libros on-line inventando historias a partir de escenarios e de personaxes que xa nos traen a propia aplicación.







Diario reflexivo: sesión 9

Hoxe, aínda que sendo unha sesión de grupo, decidimos facer subgrupos para avanzar no traballo, pois as ideas non deixan de aflorar nas nosas cabezas e o tempo se nos bota enriba. Así mentres dúas traballaban na programación, outros dous traballabamos na organización das actividades prácticas e o restante traballaba co protocolo de uso das tablets.

Foi unha sesión de traballo duro, no que a concentración dos grupos parecía unha competición por ver quen sacaba o mellor de si, jeje. Logo do traballo en subgrupos, puxemos todo en común e nos percatamos de que temos moitas actividades para unha mañá que se lles fará longa aos nenos e mesmo a nós…


Debemos ter todo moi organizado, é por elo que decidimos retrasar a seguinte reunión ata que o traballo práctico estea elaborado, o que non quere dicir que nos puxeramos metas intermedias que iremos cumprindo para dar realizado con éxito a morea de ideas que queren saír das nosas mentes, do simple papel… e ver cómo responden ás mesmas eses anxiños que temos na aula.

Sentímonos... con ganas de ver o producto!

 



Mindomo

Mindomo é unha App que permite crear mapas mentais de xeito colaborativo. Desta forma podemos traballar calquera contido entre varios estudantes, podendo engadirlle fotos, enlaces web ou iconos ás súas presentacións.



StickDraw

Con SticDraw podemos crear debuxos animados aos que lles podemos engadir textos. 

O resultado podemos velo a xeito de cortos de animación.



Lenso Create

Lenso Create é como un encerado en branco no que podemos ir escribindo e debuxando as nosas creacións. Ao mesmo tempo podemos gravar o que estamos a facer para crear divertidas presentacións en forma de vídeos.