Senticolor: O mago

Para poñer en práctica Senticolor a nivel de aula imos seguir dúas fases:

1. Ilustración do conto por parte do alumnado.

2. Posta en práctica da unidade didáctica creada arredor de Senticolor.

A metodoloxía que empregamos é a do traballo colaborativo, usando para organizarnos o proxecto "O mago":


De tal xeito que temos 7 equipos, 4 integrantes por equipo, con diferentes funcións e un resultado.

Todos aprendemos de todos e todos temos unha función dentro do grupo, dependendo o resultado final de que todos os membros cumpran a súa tarefa.

Para cada actividade, o grupo organízase de forma diferente:
  • Un a un: cada membro ten unha función.
  • En parella: realizan a tarefa de dous en dous. Cada un ten unha función.
  • En grupo: todos os membros participan da mesma decisión.
  • Tablet xiratoria: a tablet vai xirando e cada membro realiza a súa tarefa.