Diario reflexivo sesión 12

Chegou o momento de botar unha ollada a estes seis meses pasados, de reflexionar, de aprender do realizado, de compartir pensamentos… é a última xuntanza do grupo de traballo Senticolor.

Levamos traballado duro, e hoxe toca reunirnos con Ana, a asesora do Cefore, para analizar un pouco o noso traballo: obxectivos acadados, reflexión sobre a práctica docente, sobre o papel do alumnado, o papel das tablets na educación, o papel de varios mestres dentro dunha mesma aula, reticencias, vantaxes, logros, uso do blog na casa e coa familia, estatísticas e uso das diferentes Apps… podería seguir citando temas e non pararía. Foi unha sesión moi productiva e amena, na que tanto falamos, que nos quedamos sen tempo a traballlar sobre o marcado, polo que unha vez máis… levamos deberes para casa, cousa rara… para que vexades que non soamente os nenos os levan, jeje.

Logo da xuntanza con Ana, seguimos co plan planificado: correccións da unidade didáctica, revisión do produto final (vídeos, fotos, carteis, enquisa, gráficas…) e a elaboración da memoria final. Como dixen antes, tanto liamos a falar, que tocou carrexar co traballo para casa.


A valoración global destes seis meses foi excelente, pero se cabe, o máis destacable e ao que máis ganas lle tiñamos era o traballo na aula, a parte práctica que levamos a cabo o pasado día 25 de abril, ese día non sei quen sería máis neno… se os que estaban nas cadeiras ou nós… quizá lles podiamos preguntar a eles que describiran os sentimentos que expresaban as nosas caras, non vos parece? Deixoo no aire…