Protocolo uso tablets

PROTOCOLO DE USO DAS TABLETS NO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS


1. As tablets do CEIP Nosa Señora dos Remedios estarán gardadas no armario que hai para as mesmas na Dirección do colexio.

2. Haberá unha grella semanal na Sala de Mestres/as do Edificio de E. Primaria na que se anotarán as peticións de uso das tablets durante cada semana.

3. Cando se collan para ser usadas, rexistrarase o número de cada tablet que se colle e quen se fai responsable das mesmas. Haberá un impreso no armario das tablets para que sexa cuberto polo mestre/a correspondente.

4. Coidarase do seu bo coidado e bo uso por parte de mestres/as e alumnos/as, para evitar o seu deterioro.

5. Non poderán sacarse do colexio a non ser que haxa autorización para facelo, facéndose cargo desas tablets os mestres/as que as saquen do colexio.

6. Unha vez que se remate co seu uso durante cada día tornaranse ao armario para que queden custodiadas e se poidan cargar para novos usos.

7. Calquera deterioro ou avaría que se produza durante o seu uso comunicarase de inmediato á Dirección do colexio.

8. As apps que se instalen nas tablets serán rexistradas no impreso correspondente para que poidan ser coñecidas polos usuarios/as das tablets. En todo caso, respectarase sempre a lexislación vixente no que se refire a dereitos de autor/a.

9. Non se poderán modificar as IPs de cada tablet. Calquera modificación na configuración deberá contar con permiso expreso por parte do Equipo Directivo.

10. No caso de que xurdan conflitos de IPs con outros equipos no colexio, comunicarase á Dirección para que adopte as medidas oportunas para solucionar estes problemas. En ningún se poderá modificar a IP sen autorización expresa.

11. Os contidos gardados nas tablets poderán ser borrados, polo que se deberán ter adoptadas medidas como copias de seguridade para non quedar sen información importante para os usuarios/as das tablets.

12. Terán prioridade para utilizar as tablets experiencias de innovación que se leven adiante por parte de mestres/as do colexio. Estas experiencias comunicaranse ao Equipo directivo e os seus resultados facilitaranse ao Claustro para que todo o colexio se poida beneficiar das mesmas.